CRTVG

Buscar

O sector das ambulancias anuncia máis paros e ameaza cunha folga indefinida

Publicado o 13/02/2019 16:45

O sector da ambulancia volverá á folga entre os días 18 e 24 destes mes, coa ameaza de converter os paros en indefinidos. O 20 celebrarán unha manifestación como acto central deste novo período de folga.

Para os sindicatos, a Xunta, pero sobre todo os empresarios do sector, son os grandes culpables da situación, que en tres anos de negociación só ofertan unha rebaixa salarial do 10 %. Os traballadores piden un incremento do 23,7 % ao longo de sete anos.

 

Noticias web

13/02/2019