CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O sector da xeotermia galega levará a certificación do selo Galicia Calidade

Publicado o 20/04/2018 15:01

O sector da xeotermia galega levará a certificación do selo Galicia Calidade. A Consellería de Economía e o Clúster da Xeotermia asinaron un convenio para certificar con este distintivo as instalacións das empresas do sector.

Nos últimos tres anos, o aproveitamento desta fonte de enerxía renovable medrou un 40 por cento. Actualmente hai en Galicia máis de 1.200 instalacións xeotérmicas, que poden supoñer un aforro de ata o 30 por cento na factura eléctrica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí