CRTVG

Buscar

O sector da oliva leva as súas protestas a Madrid

Publicado o 10/10/2019 14:58

Unhas 30.000 persoas procedentes de oito comunidades distintas camiñaron xuntas ata a sede do Ministerio de Agricultura para lle reclamar ao Goberno un paquete de medidas que reactiven os baixos prezos en orixe e garantan un futuro digno para as 250.000 familias que dependen do sector.

Os produtores de aceite denunciaron ademais o lastre que suporía intentar competir cos aranceis de ata o 25% que ameazan con establecer os Estados Unidos para saldar o que lles debe a Unión Europea polo conflito da industria aeronáutica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019