CRTVG

Buscar

Os camións de Ence chegan á rúa de Ferraz de Madrid

Publicado o 07/11/2019 10:39

• Transportistas, estibadores, empresarios e traballadores estanse a reunir nunha protesta fronte á sede do PSOE para reclamar a continuidade da fábrica en Pontevedra

Caravana de transportistas contra o peche de Ence. Xa chegaron a Madrid para reclamar a continuidade da planta, da que dependen cinco mil familias.

Saíron de Begonte, en Lugo, máis dun cento de camións e outros 25 de Pontevedra. Sumaranse compañeiros de Asturias e outros vehículos lixeiros. Hai 5.000 afectados.

Na comarca de Pontevedra están preocupados pola retirada do Goberno central do proceso en defensa da prórroga da planta de Ence na ría de Pontevedra. 

Transportistas, estibadores, empresarios e traballadores xuntáronse en Begonte para logo marchar a Madrid para reivindicar a continudade de Ence.

A Madrid chegaron 160 camións e 140 vehículos lixeiros. Na marcha tamén hai autónomos. Ademais de concentrarse ante á sede do PSOE, lerán un manifesto diante do Congreso esixindo que non peche Ence Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019