CRTVG

Buscar

O sector da lousa retoma a actividade con medidas de seguridade reforzadas

Publicado o 04/05/2020 15:30

Nesta louseira retoman a actividade ao 100 %, con todos os empregados, para atender as demandas de certa urxencia que quedaron pendentes antes da paralizacion.

Por iso, volven reforzando as medidas de seguridade e con moita cautela.

Non fixeron aínda unha estimacion do impacto que tivo esta pandemia na actividade, pero din que as cinco semanas que pararon non se van poder recuperar.

Cada unha das empresas do sector da lousa, que xera 2.400 empregos directos en Galicia, decidiu de xeito invidual se continuaba co ERTE ou retomaba a actividade. Algunhas, coma esta volveron ao 100%, outras de xeito parcial, ao 40 ou 50%.

Noticias web

04/05/2020