CRTVG

Buscar

O sector da danza reivindica exercer a súa profesión con normalidade

Publicado o 19/09/2020 21:53

Abrazados para durmir e separados para bailar.

A maioría das persoas que ven, bailando por parellas na porta do sol de Vigo, conviven nas súas casas pero teñen prohibido danzar xuntos nas academias e nos salóns de baile. O sector cultura da danza reivindica con este acto exercer a súa profesión con normalidade, respectando os protocolos e as medidas de seguridade.

Poder bailar salsa, tango, lindy hop ou merengue, o estilo que lle guste a cada un pero en parella e con seguridade. Bailar pegados, como cantaba aquel, apertadísimos os dous.

Noticias web

19/09/2020