CRTVG

Buscar

O sector da construción analiza a repercusión da primeira Lei de rehabilitación de Galicia

Publicado o 07/05/2019 15:17

O sector da construción analiza a repercusión da primeira Lei de rehabilitación de Galicia, que entra en vigor este mes. Hoxe centrou un encontro da conselleira de Medio Ambiente con arquitectos e construtores. A norma busca conservar o patrimonio nos centros históricos e os núcleos rurais e atraer actividade económica.

O obxectivo é frear o abandono e mover o mercado aproveitando o xa construído coa rehabilitación. A lei eliminará trámites burocráticos e axilizará as axudas públicas, pero tamén será dura co patrimonio abandonado. Endurece multas e a Xunta mesmo poderá expropiar vivendas en ruínas pola metade do valor catastral.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, explica que "se o propietario non quere ir pola vía da rehabilitación, teñen a opción de vendela. Se non a venden a nivel privado poden facelo no ámbito público. E se non optan por ningunha destas opcións, a Administración ten a obriga de actuar".

Os construtores destacan o valor da rexeneración urbana.

"Creo que a chegada do AVE vai significar que Galicia pode ser un obxectivo de segunda vivenda para a xente da meseta. E eu creo que a rehabilitación das nosas zonas antigas e do rural vai ser un nicho de mercado moi, moi importante", mantén o presidente dos empresarios da construción da Coruña, Diego Vázquez.

O texto entrará en vigor o 22 de maio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019