O sector cultural representa un "funeral" no Obradoiro para visibilizar a súa "morte"
Na capela ardente, situada de xeito simbólico na praza do Obradoiro, membros de orquestras galegas, músicos, actores e profesionais de imaxe e son que levan practicamente nove meses sen traballar. Este foi un da vintena de funerais conovocados pola plataforma Alerta Roja en toda España. Calculan que están afectadas máis de 800.000 familias. Piden un plan de rescate e encontros coas administracións para ver como poderán volver traballar con garantías porque, din, a incerteza estaos matando.
De rigoroso loito... e axeonllados. Levan practicamente nove meses parados. Unha incerteza que afecta 800.000 familias en toda España. Están tocados, din, pola inactividade do 2020 e o abandono das administracións. E piden un plan de rescate.
E traballar xa coas administracións para volver á actividade de xeito seguro en 2021.