CRTVG

Buscar

O sector conserveiro e transformador é o que mellor resiste no sector exterior

Publicado o 06/03/2020 15:13

Crecen as exportacións en 2019 no sector transformador e conserveiro de peixes e de mariscos por oitavo ano consecutivo.

É un crecemento moderado, pero o dato é positivo nun contexto de desaceleración do comercio internacional. En España, Galicia segue a ser a comunidade autónoma destacada neste sector, e a conserva de atún o produto que máis se exporta.

En 2019 incrementáronse as vendas en Francia e Portugal e diminuíron en Reino Unido por mor do brexit. O máis significativo do pasado exercicio foi o crecemento do emprego, o maior da última década no sector.

Noticias web

06/03/2020