O sector cárnico amosa o seu "estupor" ante a petición de Garzón de consumir menos carne
Publicado o 07/07/2021 21:13
EFE
Seis organizacións de produtores cárnicos acusan o ministro de Consumo de difamar o seu sector. A polémica parte dun chío de Alberto Garzón en que alerta do impacto da gandería nas emisións de efecto invernadoiro e no consumo de auga. As asociacións cárnicas din que son afirmacións erróneas ou desenfocadas que tratan de crear unha confrontación artificial co sector.