CRTVG

Buscar

O sector atuneiro amosa en Vigo o seu potencial tecnolóxico e innovador

Publicado o 17/09/2019 15:22

En Vigo, na Conferencia Mundial do Atún, puidemos ver as últimas novidades aplicadas á industria alimentaria. O sector atuneiro gaña en eficiencia.

O sector do atún ponse á cabeza da cuarta revolución industrial aplicando as últimas novidades tecnolóxicas nos seus procesos. A automatización chega a esta industria con robots colaborativos, softwares que permiten adiantarse ás necesidades a bordo ou máquinas que cunha soa imaxe e en poucos segundos miden os niveis de aceite, graxa e sal do produto.

Son as últimas novidades que se expoñen durante a celebración da Conferencia Mundial do Atún que se celebra estes días en Vigo. Nel a elite mundial do sector do atún debateu e analizou os principais problemas e retos do sector para os próximos anos. Coinciden en avanzar cara á industria 4.0 para mellorar en eficiencia e competitividade.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019