CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O sector agropecuario arxentino é, segundo o Goberno de Macri, o gran motor económico que sacará o país austral da crise

Publicado o 04/06/2016 14:42
O sector agropecuario arxentino é, segundo o Goberno de Mauricio Macri, o gran motor económico que sacará o país austral da crise.
En só 6 meses e tras a quitación das retencións, o campo logrou incrementar nun 50% os beneficios que xera e crear 12.000 postos de traballo.

O sector agropecuario arxentino volver ser, ao igual que no 2001, o motor da economía do país para sair da crise.

Só 6 meses despois de que o presidente Mauricio Macri anunciase a quita das retencións ao campo, o cepo cambiario e as trabas para a exportación, a suma de divisas por parte do sector incrementouse ata superar os 10.000 millóns de dólares, un 50% máis respecto ao mesmo periodo do ano pasado.

O empresariado galego afincado no país austral móstrase esperanzado.

Benito López Carballedo, empresario agropecuario galego na Arxentina, di "Pasamos de tener unas empresasas deficitarias a ser rentables. El cambio ha sido muy importante".

Mariano Andrade, empresario agropecuario galego-arxentino e director da Sociedade Rural Arxentina comenta que "Nada va a ser milagroso, nada va a ser rápido, lo que si que hoy nos levantamos con muchas más esperanzas".

Unhas sensacións que se traducen na creación de 12.000 postos de traballo e importantes aumentos nas ventas.

Agora, os empresarios agardan que se materialice canto antes a intención do Goberno de quitar, paulatinamente, as retencións á soia, o cultivo estrela da arxentina, e xerar así máis diñeiro para o país.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí