CRTVG

Buscar

O sector agroforestal demanda traballadores cualificados

Publicado o 20/03/2019 15:46

Precisamente, a escola de Sergude que hoxe visitou o Rei, é un dos seis centros de formación agroforestal do Medio Rural. Neles fórmase en condicións reais de traballo os futuros profesionais do agro. A maioría atopa traballo ao rematar os seus estudos.

Son os gandeiros do futuro e aprenden o oficio en condicións reais de traballo. Cultivan, moxen e manexan maquinaria agroforestal nesta enorme granxa que é a escola de Sergude. Un dos centros públicos de referencia para formar aos que escollen o rural como medio de vida.

A formación complétase con períodos de prácticas en empresas do ramo. Os ciclos de xestión forestal son os que máis tirón teñen entre os alumnos. Pero, din aquí, que tamén hai emprego para os que optan polas especialidades agrogandeiras.

Amais, estes centros ofrecen formación continua para os profesionais que deciden regresar á escola para adaptarse a unha agricultura cada vez máis competitiva e sostible.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019