CRTVG

Buscar

O sector aéreo pide tests en vez de corentenas e medidas harmonizadas na UE

Publicado o 16/09/2020 09:07

O sector aéreo pide tests e medidas harmonizadas na UE. Son as demandas dos grandes axentes da aviación comercial: aeroliñas, reguladores e aeroportos. Reclaman que as corentenas preventivas aos viaxeiros se substitúan por probas da COVID-19, preferentemente no país de orixe. Tamén piden que se harmonicen as medidas en toda a UE para recuperar a confianza dos pasaxeiros.

Noticias web

16/09/2020