CRTVG

Buscar

O secretario do alcalde de Ourense: "Para gustos cores, e para maricóns, flores"

Publicado o 03/07/2019 22:27
O secretario do alcalde de Ourense:  "Para gustos cores, e para maricóns, flores"

Félix Álvarez, secretario do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e persoal de confianza do grupo que sustenta o goberno local, Democracia Ourensana, enfróntase a unha acusación de " homófobo", con petición de cesamento incluída, ao escribir en redes sociais: "Para gustos cores, e para maricóns, flores". O portavoz do PSOE no Concello de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, foi o primeiro en esixir, transcorridos quince días desde a confección do novo goberno, a "dimisión inmediata" desta persoa polos "comentarios machistas e homófobos" do seu perfil persoal. Nun comunicado, o grupo socialista considerou "inaceptable" o escrito en calquera persoa e máxime en alguén que "ostenta un cargo público".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pediu desculpas por un comentario "non procedente" do seu secretario en redes sociais. A publicación, realizada na mañá deste mércores no perfil persoal de Félix Álvarez, xa foi borrada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019