CRTVG

Buscar

Bos días

O secretario xeral de Emigración reuniuse cos primeiros beneficiarios do país austral que gozarán do programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

Publicado o 01/09/2017 09:40







O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou este xoves unha visita á Arxentina e ao Uruguai.
En Bos Aires, o titular de Emigración reuniuse cos primeiros beneficiarios do país austral que gozarán do programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, que lles permitirá finalizar a súa formación universitaria en Galicia.


ENTRADIÑA
O secretario xeral da Emigración está en Bos Aires para coñecer de primeira man a actualidade que viven os galegos na Arxentina.
Nada máis chegar ó país Rodríguez Miranda mantivo un encontro cos seleccionados arxentinos para as primeiras 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior" grazas ás que cen titulados universitarios de orixe galega e residentes no extranxeiro rematarán a súa formación en Galicia.

Doce mozos galego-arxentinos cursarán a partires de setembro cadanseu mestrado nalgunha das nosas tres universidades como parte da estratexia da Xunta para fomentar o retorno.

CORTE 1: Antonio Rodríguez Miranda - Secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
"Queremos aproveitar ese caudal de coñecemento que teñen os mozos do exterior para que se poidan incorporar á sociedade galega".

Os bolseiros chegarán a Galicia nas vindeiras semanas coa motivación de que estes estudos teñen un alto grao de inserción laboral.

CORTE 2: María Belén Rosbier Gómez - Bolseira do programa Excelencia Mocidade Exterior
"Cando me enterei de que estas bolsas eran específicamente de Galicia foi unha emoción moi grande pola historia familiar, pola historia cultural, e gustoume moito ese perfil de profesionalización que teñen".

CORTE 3: Nicolás Gabriel Ammatuna Granja - Bolseiro do programa Excelencia Mocidade Exterior

"Gustaríame moito ter esa posibilidade de non soamente desenvolverme académicamente senón tamén no ámbito profesional".

Durante a fin de semana, Rodriguez Miranda acompañará á colectividade galega de Bos Aires en distintas celebracións.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

01/09/2017