O secretario do Colexio de Enfermería de Ponteverda presentarase como acusación particular
Publicado o 15/03/2021 09:39
O secretario do Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, José Faustino Portela, enviou unha carta aos colexiados en que anuncia que hoxe acudirá ao Xulgado de Instrución número 2 de Vigo a presentarse como acusación particular no proceso contra o presidente Carlos Fernández polo branqueo de capitais, administración desleal e falsidade documental.
O secretario pide a dimisión de toda a xunta directiva porque a ve deslexitimada para evitar que intenten controlar o colexio e sigan actuando baixo a sombra do presidente.