O secretario de Organización de Podemos declara ante o Tribunal Supremo por unha presunta agresión a un policía
Publicado o 08/03/2021 15:12

O deputado de Podemos Alberto Rodríguez compareceu hoxe ante o Tribunal Supremo por ser aforado.
Investígase se o número tres de Podemos lle deu unha patada a un policía nunha manifestación en que participou en 2014 en Tenerife.
O que tamén é secretario de Organización do partido negou nos xulgados tal agresión, pero o alto tribunal considerou que hai probas suficientes para procesalo.