CRTVG

Buscar

O Santiago Futsal celebra esta temporada os seus 15 anos en Primeira

Publicado o 13/09/2017 22:31

15 anos na elite merecen unha homenaxe e o Santiago Futsal cúmpreos esta temporada. Para iso, a camisola será unha réplica da de aquela época. 15 anos de historia con grandes éxitos e momentos duros. O club vai recuperando a normalidade institucional e iso axuda a centrarse no xogo. Este venres estréanse na competición na cancha do Osasuna Magna logo dunha pretemporada diferente, con oito amigables, máis que outros anos, o que quitou tempo para puír detalles
Santi Valladares sinalou que "estamos ben para empezar, veremos en Xota como axustar algunha cousiña e despois, iremos partido a partido".
O cadro de xogadores gaña en experiencia e as cinco incorporacións desta temporada proporcionan cousas diferentes.
O técnico destacou que "gañamos experiencia con Verdejo e Iago Barro. Tamén gañamos en pegada, en gol con Everton. E os novos, Zequi e Gonzalo, achegan ilusión e moitas ganas de facer as cousas ben".
Obxectivos: a Copa Xunta e a permanencia na liga... E a ser posible sufrindo menos que o ano pasado. Para iso, queren facerse fortes na casa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017