CRTVG

Buscar

O Santander despedirá 3.572 empregados e recolocará outros 1.500

Publicado o 10/12/2020 18:43
O Santander despedirá 3.572 empregados e recolocará outros 1.500

O Banco Santander chega a acordo cos sindicatos polo ERE. O pacto recolle o despedimento de 3.572 empregados en España e o traslado ou reubicación noutras sociedades do grupo doutros 1.500 traballadores.

O Santander xustifica este ERE por causas económicas e organizativas porque constatou que a pandemia acelerou a relación cos clientes a través da internet. Ademais dos despedimentos, pechará un terzo das sucursais que ten en España.

Noticias web

10/12/2020