CRTVG

Buscar

O Santander, condenado a indemnizar con máis de 500.000 euros un pontevedrés

Publicado o 16/03/2021 12:20

Un xulgado de Pontevedra condenou o banco Santander a devolverlle máis de medio millón de euros a un cliente que mercara accións do Popular en 2016 e 2017.

O xuíz cre que o banco Popular utilizou publicidade enganosa e datos falsos sobre a súa solvencia para vender as accións, antes de que esa entidade quebrara e fora intervida e vendida por un prezo simbólico dun euro ao banco Santander.

A sentenza aínda pode ser recorrida ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Noticias web

16/03/2021