O San Xoán non poderá celebrarse por segundo ano consecutivo nas praias da Coruña
Publicado o 21/05/2021 21:27

Este ano tampouco haberá grandes fogueiras nas praias da Coruña polo San Xoán. Igual que o ano pasado, esa noite volverá estar prohibido o acceso ás praias. Pecharanse os accesos aos areais para evitar aglomeracións e as celebracións trasladaranse aos barrios.
O Concello estuda a posibilidade de permitir a extensión das terrazas e mesmo de facer barbacoas nalgunhas rúas. É polo momento un adianto do que será o San Xoán de 2021, o programa definitivo coñecerase nun días.