CRTVG

Buscar

O San Xoán do sur tamén vai á praia en Panxón

Publicado o 24/06/2019 07:48

No sur de Galicia, PAnxón é un dos referentes da noite de San Xoán. As inmensas fogueiras alumearon a praia e centos de persoas acudiron botar fóra os meigallos e pedir moitos desexos. A tradición manda.

 

Este de Nigrán foi un san xoán cosmopolita, no que escoitamos acentos de moitos recunchos, todos fascinados coa nosa tradición: ou iso din.

Pasalo ben é internacional, e saltar a fogueira, a obriga desta noite. Pequenos e maiores non quixeron arriscar e chimparon sobre os lumes cativos: as dúas grandes lumieras da praia quedaban ben en foto e pouco máis, aínda que nós atopamos un ruso de siberia con ansia de retos.

En Panxón o lume quere chegar ao ceo. Leva con el os desexos dos que saltan con máis ou menos fe as fogueiras.

Así xa foi aló outro San Xoán, agardando ter queimado todo o malo, para que lle deixe o camiño libre aos anceios de todos os galegos, e dos de fóra tamén.

Noticias web

24/06/2019