CRTVG

Buscar

O San Xoán coruñés será unha festa familiar para evitar aglomeracións

Publicado o 02/06/2021 15:00

Semellante ao do ano pasado e centrado nos barrios. Así será o San Xoán na Coruña. Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, a noite máis máxica do ano congregaba, antes da pandemia, máis de cen mil persoas nos areais de Riazor e do Orzán. Porén este ano, e xa van dous, prohíbense as lumeiradas nas praias e nos espazos públicos da cidade. As churrascadas e sardiñadas si están permitidas.

Para evitar aglomeracións, e tamén tentacións, as praias quedarán baleiras e pechadas ás nove da noite.

Noticias web

02/06/2021