O San Sadurniño non ascenderá se non recada medio millón de euros
Publicado o 15/04/2021 18:00
En San Sadurniño, vila de apenas tres mil habitantes, o volei é o rei. É un equipo que acaba de ascender, por segunda vez á Superliga
Un equipo semiprofesional, onde o normal é conxugar o traballo co deporte, como fai o seu capitán, Marcos Blanco
Deportivamente a praza para pelexar cos mellores é súa, pero faltan os cartos. Lembra o presidente que a anterior campaña na Superliga derivou nunha débeda que houbo que arrastrar e non quere volver pasar por esas. Recadar medio millón de euros é agora a meta para non renunciar ao soño.