O San Froilán despídese deixando evidente que Lugo quere festa
A festa non para, día e noite, na cidade de Lugo. O San Froilán volve demostrar o seu poder de convocatoria, logo dun ano de parón pola pandemia, e esta era a imaxe do ambiente que atopamos a pasada madrugada no centro de Lugo. Xa de día o ambiente chegaba tamén ao recinto feiral, demostrando que hai moitas ganas de diversión.
Este día do Pilar, como vén sendo tradición, marca ademais o remate oficial das festas de San Froilán. Este ano, como novidade, o concello decidiu darlles permiso aos feirantes para que abran un día máis as súas atraccións.
Unha decisión que pretende axudar os feirantes, que a cambio ofrecerán prezos máis reducidos, pero tamén os lugueses. Estes días houbo quen non puido acceder ao recinto por estar limitada a ocupación. Os vixilantes contan un por un os asistentes para evitar excesos, e mesmo contan coa axuda de drons para vixiar que se cumpran no recinto todas as normas do protocolo sanitario.
Todo sexa por poder vivir un ano máis o ambiente do San Froilán, malia que desta volta non puidésemos gozar aínda da tradicionais casetas do polbo.