CRTVG

Buscar

O Samur estrea test rápidos de antíxenos nas súas ambulancias

Publicado o 26/09/2020 20:41

Precisamente en Madrid, o Samur, ou o que o mesmo o servizo de urxencias e emerxencias do concello, realizará test de antíxenos aos pacientes antes de que cheguen ao hospital. Os resultados vanse obter en 12 minutos e a partir de aí determinarase se pasan ao circuito de atención á Covid-19 ou non. Farase mediante dez aparellos portátiles de análise serolóxica a partir da semana vindeira.

 "A bondade do aparello é a súa gran sensibilidade e especificidade, con máis do 97% de eficacia. Imos saber na escena en tempo real se o paciente é positivo ou negativo en Covid con todo o que iso determina", explica Ervigio Corral, xefe de Calidade e Investigación do Samur

Este novo sistema tamén liberará da corentena a moitos traballadores do Samur que entran en contacto con pacientes positivos: "Os nosos traballaores benefícianse diso. Non necesitarán facer unha corentena se son negativos e, obviamente, poderemos determinar que os que están a carón del a fagan", matiza Corral

O Samur dispón polo de agora de dous mil test, un número limitado debido a que a empresa que os produce ten unha gran demanda. Pero aseguran que a cantidade axiña se vai multiplicar.

Noticias web

26/09/2020