CRTVG

Buscar

O Salón Gourmet regresa a Madrid cunha ampla representación de gastronomía galega

Publicado o 18/10/2021 17:08

Tras a parada no 2020 pola pandemia, dende hoxe Ifema acolle o Salón Gourmets, onde podemos atopar unha importante representación de produtos galegos.

Madrid vai recuperando as grandes feiras, e esta é unha delas. O sector da delicatessen reencóntrase na 34 edición do Salón Gourmets. 47.000 metros cadrados con tendencias, novidades e os mellores produtos. E se de calidade falamos, non poden faltar os produtos galegos, amplamente representados estes días en Ifema.

Salón Gourmet é o escaparate para todo tipo de tendencias. En Ifema ata o xoves, o Salón Gourmet está considerado o principal evento europeo dedicado ao delicatessen.

Noticias web

18/10/2021