CRTVG

Buscar

O salón do automóbil de Ourense, a mostra do sector en Galicia

Publicado o 18/10/2019 20:40

Galicia conta cun dos parques móbiles máis envellecidos de toda España. Un de cada tres coches que circula polas nosas estradas supera os 15 anos. Unha antigüidade que afecta tanto a seguridade como as emisións de CO2. En Ourense, celébrase o salón do automóbil onde se presentan as últimas novidades do sector co obxectivo de impulsar a renovación de vehículos.

Este BMW  X6 é unha das novidades da feira. Non sairá ao mercado ata o mes que ven pero xa se pode ver e probar en Ourense. As novidades dos sector camiñan cara coches máis conectados, máis seguros e que emitan menos CO2.

As dúbidas sobre por que combustible optar é un dos motivos da caída nas vendas deste último ano.Dende o concesioarnios insisten en que este é un bo momento para mercar, antes da entrada en vigor da nova normativa europea de emisións en xaneiro de 2020.

Neste salón do automóbil podemos atopar coches dende case os 9 mil euros ata os 168 mil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019