CRTVG

Buscar

O Sabadell pechará 320 oficinas antes de final de ano

Publicado o 08/09/2021 08:40
O Sabadell pechará 320 oficinas antes de final de ano

O Banco Sabadell, que a semana pasada anunciou un expediente de regulación de emprego para unas 1.900 persoas en toda España, prevé pechar 320 oficinas este mesmo ano. Xa pecharon 125, e outras 215 farano este mes de outubro.

A dirección do Sabadell prevé tamén converter outras 170 sucursais en caixas avanzadas que funcionarán só algúns días por semana para dar servizo a pequenas poboacións.

O banco entregou aos sindicatos un avance do informe técnico usado para xustificar o ERE, que os representantes dos traballadores pediron que fose voluntario e mediante prexubilacións e baixas incentivadas.

Noticias web

08/09/2021