CRTVG

Buscar

O Rotogal Boiro prepara a súa estrea histórica na Copa do Rei de Voleibol

Publicado o 02/02/2021 21:27

O Rotogal Boiro ten unha cita histórica esta fin de semana, a súa primeira participación na Copa do Rei de Voleibol. O xoves viaxan ás Canarias, onde se reúnen os oito mellores equipos da liga, que gañaron o dereito a pelexar polo título copeiro.

O Rotogal debuta o venres contra os anfitrións, o Guaguas. É un premio á gran primeira volta asinada polo equipo da Barbanza, na súa primeira temporada na máxima categoría, a Superliga.

Os que levan toda a vida no club só pensan en gozar do momento. O xogador Mario Iglesias asegura que "é algo histórico. Non podiamos soñar xogar en primeira e incluso a Copa do Rei. O gran mérito foi encaixar xogadores de casa e de fóra e armar un equipo para estar na Copa. Os veteranos estamos cheos de alegría".

 

 

Noticias web

02/02/2021