CRTVG

Buscar

O Rotogal Boiro, ilusionado co debut na Copa ante o Guaguas

Publicado o 04/02/2021 21:30

A clasificación chegou casualmente no derbi contra o Emevé. Así celebrou o Boiro o punto de partido en Lugo. A oitava praza, mediada a liga, deulles o billete as Palmas.

Emilio Palacio, adestrador: "Isto chegou coma un regalo, froito do bo traballo feito na primeira volta".

E van estrearse na Copa como o fixeron na liga contra o potentísimo Guaguas canario.

Pablo Nieto: "Está complicado, aínda que nós temos que ir con todo e non deixar de intentalo". 

Vale a comparación co fútbol, un modesto contra un grande.

Pablo Nieto: "A ver se damos a sorpresa como o Alcoiano co Real Madrid".

O Rotogal Boiro vai gozar coa Copa porque a permanencia vese máis cerca e mesmo non descartan xogar o playoff polo título.

Mario Iglesias: "Mentres teñamos os puntos de colchón estamos tranquilos, pero por que non mirar máis arriba?".

Manter a categoría será unha segunda oportunidade para a afección do Boiro, limitada polas restricións para ver o seu equipo xogar entre os grandes do voleibol.

Noticias web

04/02/2021