O robot Da Vinci de ultima xeración chega á sanidade pública galega
Un dos sistemas cirúrxicos máis avanzados do mundo chega agora á Sanidade Pública de Galicia. Trátase do robot Da Vinci, capaz de intervir dun xeito minimamente invasivo, e do que dispoñen xa deste esta semana as sete aéreas sanitarias galegas.
O robot Da Vinci está considerado a día de hoxe o sistema cirúrxico máis punteiro do mundo a nivel tecnolóxico. Con este robot de última xeración e de alta precisión, o cirurxián pode dirixir a operación a través dunha imaxe en 3D ampliada do interior do corpo do doente.
O sistema, que permite intervencións minimamente invasivas, incorporouse xa este martes pasado ás sete áreas sanitarias e requiriu un investimento de case 21 millóns de euros.
A idea é que, despois do verán, o uso do robot se amplíe a outros campos como a xinecoloxía e cirurxía xeral. O conselleiro de Sanidade anunciou que a Xunta reservou este ano 60 milóns de euros para un proxecto de renovación tecnolóxica no ámbito sanitario.