O Rizando o rizo de Pontevedra dálles vida aos salóns de peiteado
Publicado o 20/09/2021 21:00
O sector dos salóns de estética e peiteado recupera forza. Máis vida social e a celebración de cerimonias fixeron que aumentasen de novo a súa actividade. Presentaron as súas propostas na xornada Rizando o rizo
Os recollidos volveron grazas ás celebracións, e non faltan tampouco os toucados. Contan dende o sector que tamén despega a recuperación dos coidados estéticos, con maquillaxes máis intensas.