CRTVG

Buscar

O risco de contaxio por COVID-19 no traballo en España é o maior da OCDE

Publicado o 07/07/2020 21:04
O risco de contaxio por COVID-19 no traballo en España é o maior da OCDE

Máis da metade das persoas que traballan en España desenvolven a súa actividade nun ámbito de risco de contaxio por COVID-19. É a maior porcentaxe entre os países da OCDE que rexistran un risco medio do 48%. Segundo a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, débese ao elevado grao de proximidade física entre colegas e a maior frecuencia de interactuación co público.

Esta porcentaxe de risco aparece no seu informe sobre as 'Perspectivas de emprego 2020', en que alerta de que o paro en España pode superar o 20% a finais de ano.

Noticias web

07/07/2020