O risco de contaxio é extremo en toda España, que supera os corenta mil contaxios diarios
A curva de contaxios non deixa de subir en toda España, que supera os 40 mil contaxios diarios e ten unha incidencia acumulada por riba dos 800 casos por cada cen mil habitantes. Unhas cifras que elevan a presión hospitalaria en comunidades como a valenciana, que suma nun só día 54 falecidos, máis de 6.000 positivos e 600 enfermos críticos.
Ante a posibilidade de colapso sanitario, o Goberno valenciano ampliou as restricions: Mantén o peche perimetral da comunidade, cerrou bares e restaurantes e ultima un decreto para prohibir as reunións de non conviventes en domicilios.
Situación criticia tamén en Andalucia, con 88 falecidos e máis de 7.700 casos novos nunha xornada. Soben os positivos tamén en Euskadi e Navarra. Castela e León bate a súa marca con 3.200 casos nas últimas 24 horas.
En Segovia, que é a provincia coa incidencia de covid máis alta de toda España, a pobación está chamada a cribados masivos.
A incidencia é tamén moi alta nas illas Baleares, que estrean restricións este sábado. Eivisa permanece pechada de xeito perimetral. Formentera adiantou o toque de queda ás dez e pechou o interior de bares e restauranres.
Os indicadores son preocupantes en todo o terrirrorio: Murcia suspendeu toda a actividade asistencial e cirúrxica non urxente e na Rioxa tiveron que ampliar as camas de UCI.