CRTVG

Buscar

O río Limia non leva nin unha pinga de auga no seu paso por Xinzo pola seca

Publicado o 07/12/2017 13:51

Boa parte de Galicia amenceu hoxe agradecendo a chuvia que por fin chegou, pero de momento as consecuencias da seca seguen sendo graves, e nótanse ata na paisaxe do país.

É o río Limia ao seu paso por Xinzo, nin pinga de auga. Non só o Limia, tamén os seus afluentes, o Nocelo, o Faramontaos... Dan mágoa.

Un 65 por cento menos do normal choveu no que levamos de ano hidrolóxico. E os pozos tamén están a secar.  O problema xa o están a sufrir uns 22 mil fogares galegos que se manteñen cos pozos porque non teñen nas vivendas auga da traída.

Os que poden están a construír pozos de barrena. Como nesta explotación de polos onde consomen 7.000 litros ao día por nave e xa non lles chega a auga.

Notan ben a seca as empresas de escavacións que non dan feito. Manter o gando e os cultivos estase poñendo xa moi difícil. Un exemplo, o da Limia, que se repite por todo o territorio galego.








Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017