O Río Breogán presenta a Mahalbasic xunto coa camisola para a Copa Galicia
Publicado o 26/08/2021 15:41
Poderán seguir a final deste sábado ás 20:00 ante o Monbus Obradoiro na G2
Con esta camisola vermella xogará o Breogán a final da Copa Galicia deste sábado ante o Monbus Obradoiro. Como modelo exerceu Rasid Mahalbasic, una das novas fichaxes. Pivote de 30 anos, 2,11 de estatura. Un trotamundos do baloncesto europeo.
Pasou por Turquía, Croacia, Eslovenia, a República Checa e Rusia. E tamén xogou na liga Endesa, concretamente no Betis. Mahalbasic xa quenta o partido da Copa Galicia deste sábado. O Obradoiro é o rival que deben superar nesta temporada.
"O Obradoiro é o noso competidor en Galicia. O Breogán merece ser o número un e agardo estar por riba ao final da temporada", declarou Mahalbasic na súa presentación.