CRTVG

Buscar

O Ribeiro recorda a José Luis Cuerda e a súa paixón por Galicia e o viño

Publicado o 05/02/2020 15:43

O mundo da Cultura despide hoxe a José Luis Cuerda. Polo tanatorio madrileño onde se vela o cineasta levan pasando desde media mañá representantes do cine e da política. Coincidiron en destacar a brillantez da visión surrealista coa que elevou a categoría do cine de humor, con obras como Amanece, que no es poco ou O bosque animado.

Desde finais dos 90, cando fixo a súa primeira incursión en terras ourensás, José Luis Cuerda tiña unha forte vinculación con esta provincia, especialmente coa comarca do Ribeiro.

En Leiro, tiña a súa propia adega, San Clodio. Sacou a súa primeira colleita en 2005 e, na actualidade, segue en funcionamento. Hai polo menos un ano, din os seus amigos máis próximos, que non viña por aquí, polo mal estado de saúde, pero neste lugar pasou moitos e bos momentos. Tamén en Boborás, na aldea de Paradela de Moldes, onde mercou a súa primeira vivenda. 

Aquí viña coa súa muller, xa falecida, e coas súas fillas, que regresan habitualmente e forman parte desta comunidade de quince veciños.

Pero foi en Cubilledo, Leiro, onde pasou as mellores veladas. Como contaba nunha reportaxe realizada en 2009, nesta casa grande do século XVI Cuerda maridou dúas paixóns.

Hai ao redor dun ano que non viña por aquí. O seu delicado estado de saúde afastouno do benquerido Ribeiro.

 

Noticias web

05/02/2020