CRTVG

Buscar

O Ribeiro pon en marcha unha plataforma en liña para mitigar as perdas causadas polo virus

Publicado o 24/06/2020 14:38

Hai sete anos que esta adeaga comezou a súa andaina. Produce arredor de 7.000 botellas. Ata a irrupción do coronavirus nunca tivera problemas para vender toda a súa produción, por iso foron pospondo o proxecto de creación dunha páxina web na que comercializar os seus viños. 

Igual ca eles, preto do 90 por cento das adegas do Ribeiro carecen dunha canle propia de comercialización a través da Intenet, por iso dende o Consello Regulador acaban de pór en marcha esta plataforma: ribeiro.market.

Buscan así abrir novas vías de comercialización para evitar as graves consecuencias que tivo a Covid-19. Neste intre, arredor do 70 por cento das vendas do Ribeiro son a bares e reaturantes.

O seu peche pola crise sanitaria fixo que quedaran sen vender en todo Ribeiro máis un millón de botellas, cun valor no mercado superior aos 5 millóns de euros.

Noticias web

24/06/2020