CRTVG

Buscar

O Ribeiro crea unha plataforma de venda en liña

Publicado o 24/06/2020 15:35

A crise xerada pola covid-19 fixo que no Ribeiro quedaran sen vender máis dun millóns de botellas. O motivo é que bares e restaurante son a súa principal fonte de comercialización. Para que isto non volva acontecer, intentan abrir novas vías de negocio a través de Internet.

Hai sete anos que esta adeaga comezou a súa andaina. Produce arredor de 7.000 botellas. Ata a irrupción do coronavirus nunca tivera problemas para vender toda a súa produción, por iso foron pospondo o proxecto de creación dunha páxina web na que comercializar os seus viños.

Igual ca eles, preto do 90 por cento das adegas do Ribeiro carecen dunha canle propia de comercialización a través de Internet, por iso, dende o Consello Regulador acaban de pór en marcha esta plataforma.

Buscan así abir novas vías de comercialización para evitar as graves consecuencias que tivo a covid-19. Neste intre arredor do 70 por cento das vendas do Ribeiro son a bares e reaturantes. 

Quedaron sen vender en todo Ribeiro máis un millón de botellas, cun valor no mercado superior aos 5 millóns de euros.

 

Noticias web

24/06/2020