Celébrase en Ribadavia a Feira do Viño do Ribeiro, a denominación de orixe máis antiga de Galicia
A denominación de orixe máis antiga de Galicia, a do Ribeiro, celebra a súa feira do viño. Un evento con 56 anos de historia. Nesta edición participan 38 adegas que nos permiten degustar os caldos da última colleita. A de 2018 foi escasa en canto á produción, tan só 9.000 toneladas de uva, pero de calidade excelente.
Aos pés do castelo do Sarmientos, un autobús dos anos 50 recolle os visitantes para comezar unha ruta a través da paisaxe e o patrimonio cultural do Ribeiro. É unha das novidades desta feira do viño.
A historia do que foi o primeiro viño en chegar a América. Unha das denominacións de orixe máis antigas de España, cunha sona que transcende as nosas fronteiras. Catas comentadas coma esta permiten coñecer todos os segredos destes viños, nos que cada vez se aposta máis polas variedades autóctonas.
Unha xoia cultivada por máis de 4 mil viticultores e 115 industriais da que o ano pasado se produciron pouco máis de 8 millóns de litros. Unha colleita escasa pero de calidade. Para comprobalo nada mellor que achegarse a unha das 38 adegas que se dan cita nesta Feria do Viño do Ribeiro.