Ribadeo indiano homenaxea este ano a Cuba
Case todo Ribadeo está na rúa celebrando unha fin de semana de homenaxe a aquelas mulleres e homes que, haberá un século, marcharon facer as américas. Eran os indianos, aqueles emigrantes que deixaban aquí o corazón e que volvían sempre que podían, modificando así estruturalmente a sociedade, a cultura e a economía de moitos lugares de Galicia
Traxes e vestidos brancos, puchos de palla e tocados enchen as rúas do Ribadeo indiano, unha festa homenaxe a todos os que emigraron a principios do século vinte e que contribuíron ao desenvolvemento da vila económica, social e culturalmente. Na súa honrra, ribadenses e visitantes remedan os seus usos e vestidos.
O ano pasado participaron 50.000 persoas, cunha estimación de consumo de 3 millóns de euros. Este ano, con todos os aloxamentos turísticos completos, crese que está habendo máis xente.
Trátase dunha festa na que se conseguiu que practicamente participe todo o pobo, dende os máis noviños ata os maiores.
Este ano a festa adícase a Cuba, un dos destinos máis frecuentados polos indianos. Habaneiras pola rúa, exposicións, coloquios e a actuación mañá de Compay Segundo reforzan o sabor cubano do Ribadeo indiano