CRTVG

Buscar

O rexistro galego de vivendas de uso turístico conta 5.800 pisos e 30.000 prazas

Publicado o 13/06/2018 16:24

Un ano despois da súa creación, o rexistro de alugueiros de uso turístico de Galicia conta con 5.800 vivendas. As inscricións medraron un 14% no último mes e medio, tras iniciar a Xunta un plan para detectar alugueiros ocultos.

Das 164.000 prazas de aloxamento regrado que hai en Galicia 30.000 xa son en vivendas de uso turístico. Unha nova modalidade que regula as estadías de menos dun mes en casas completas e que non debe confundirse cos alugueiros turísticos que funcionan todo o ano.

As incricións no rexistro autonómico foron medrando a bo ritmo ao longo do ano ata as 5.800 vivendas deste mes de xuño. Para combater o intrusismo e a economía somerxida, a Xunta está a verificar tamén que as vivendas anunciadas nas plataformas dixitais estean rexistradas.

Tal e como recorda a Axencia Tributaria, os propietarios deste tipo de vivendas terán que pagar o IRPF e tamén o IVE no caso de que ofrezan algún tipo de servizo hoteleiro como poden ser os cambios periódicos de sabas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018