CRTVG

Buscar

O réxime de Maduro eleva a alerta militar nas fronteiras

Publicado o 22/02/2019 13:05

O Goberno venezolano eleva a alerta militar en todos os pasos fronteirizos, onde nas últimas horas se incrementou a tensión e os enfrontamentos entre militares e civís. Onte, Nicolás Maduro ordenaba pechar de xeito indefinido a fronteira co Brasil para impedir a entrada da axuda humanitaria. Non desbota facer o mesmo coa de Colombia.

"Un peche total da fronteira con Colombia. Estouno avaliando. Home prevido vale por dous. Pobo prevido vale por dous", anunciaba Maduro.

O presidente ordenou tamén pechar o espazo aéreo en todo o territorio venezolano para a aviación xeral e privada.

Pouco despois, Juan Guaidó firmaba un decreto no que autorizaba o ingreso da axuda humanitaria ao país e ordenaba á Forza Armada Nacional Bolivariana manter aberta a fronteira co Brasil e as relacións diplomáticas con Aruba, Curacao e Bonaire. Desde Cúcuta, Guaidó vai encabezar mañá o operativo para meter a axuda en Venezuela, aínda que non revelou como vai facer. A China, principal aliado de Maduro canda Rusia e Turquía, alertou contra o uso da forza.

Noticias web

22/02/2019