CRTVG

Buscar

Guaidó chama a saír á rúa este sábado para "defender o Parlamento"

Publicado o 09/05/2019 20:08

Juan Guaidó, presidente encargado de Venezuela, acusa o Goberno de Nicolás Maduro de dar un golpe ao Parlamento, ao procesar dez deputados por delitos de rebelión.

Un deles é o vicepresidente, Edgar Zambrano, que foi arrestado onte despois de que o réxime de Maduro lle levantase a inmunidade.

Todos están acusados de apoiar o levantamento liderado por Guaidó a semana pasada. Nas últimas horas, outros dous deputados refuxiáronse nas embaixadas de Italia e A Arxentina.

Guaidó chamou a protestar o sábado en todo o pais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019