CRTVG

Buscar

O Rexenera Fest ten este ano 7 artistas de grandes murais en Carballo

Publicado o 23/05/2019 14:51

Os grandes murais que lle alegran a cara xa a ducias de paredes nas rúas de Carballo van ser máis en menos de quince días. E é que o luns poranse mans á obra os artistas desta edición de Derrubando muros con pintura, dentro do Rexenera Fest.

Maite Parga, técnica de turismo do Concello de Carballo: "Traemos por primeira vez unha artista asiática, da China, que é Satr, tamén representación galega con Lidia Cao, Marina Capdevila que é catalá; Millo, todo un referente en España que se move por todo o mundo. Tamén vén Pichiavo, que se encontra nun momento alto tras o éxito coa súa falla en Valencia. Eles veñen para pintar o mural máis grande deste ano en Carballo".

Coma en edicións precedentes, prevese que acudan numerososos visitantes para seguir en vivo como o traballo dos artistas vai transfomando fachadas insulsas en atractivas.

"Nesta edición van ser 6 murais máis con sete artistas, porque Pichiavo son dous integrantes. Pero o Rexenera Fest tamén inclúe concertos, conferencias, obradoiros... oportunidades para que os artistas aprendan técnicas novas. Vén cargada de actividades interesantes para quen se achegue a Carballo estes días", sinala Maite Parga.

A cita con esta iniciativa de arte pública que promove o Concello de Carballo vai desde o luns próximo ata o nove de xuño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019