O Rexenera Fest rescata do 'feísmo' 5 fachadas de Carballo
Publicado o 23/07/2020 17:21
As creacións de artistas do gran mural son a parte máis coñecida do Festival Internacional de Arte Pública de Carballo, o Rexenera Fest.
Pero esta cita cultural inclúe outras actividades, mesmo nesta edición que chega algo máis tarde e condicionada polas normas derivadas da pandemia.
Elisa Capdevila, Sokram, Xoana Almar, Reskate e Sabek son os nomes que asinan este anos os traballos de artistas sobre cinco fachadas en distintas rúas de Carballo.
A vila acrecenta así a súa condición de museo ao aire libre que atrae a atención de visitantes e veciños.
Os murais novos estarán rematados para o domingo, cando conclúe o festival.