CRTVG

Buscar

O reto de adaptar pisos a proba de confinamento

Publicado o 28/05/2020 14:19

O coronavirus e a ameaza dun rebrote poñen sobre a mesa a necesidade de adaptar as nosas vivendas para pasar mellor o confinamento.

Nun país con escasa cultura do mantemento, necesitamos máis espazos exteriores, eficientes e multifuncionais.O confinamento puxo en evidencia que a maior parte das nosas casas non están preparadas para o século XXI.

Segundo os expertos, o problema é a ausencia dunha cultura do mantemento das vivenda que nos coloca á cola de Europa neste aspecto.

Paradoxalmente, a propia pandemia podería acelerar un cambio de normas para subsanar moitas das deficiencias das nosas edificacións en accesibilidade, illamento, ventilación e falta de espazos exteriores.

"Isto ten que cambiar porque realmente a cidade está moi construída, pero nesta cidade moi construída aínda vemos que hai algúns problemas en moitas das vivendas, e iso vai cambiar se apostamos pola rehabilitación". 

Os expertos coinciden en que, a curto prazo, o interiorismo pode axudar a mellorar o benestar doméstico redistribuíndo os mobles para crear espazos flexibles que poidan transformarse.

"Haberá sistemas de mobiliario que permitan iso, que durante o día unha habitación teña unha cama e tal, pola noite levántase e convértese nun despacho. E a sala de estar que ten unha configuración durante o día e se despraza totalmente e pola noite é outra cousa".

Auguran que haberá máis balcóns, terrazas e galerías que nos conecten ao exterior, e espazos comunitarios, como hortos urbanos e azoteas, con áreas infantís.

Noticias web

28/05/2020