O Resurrection Fest trae tres días de música en directo a Viveiro coa máxima seguridade
Publicado o 26/08/2021 20:54
Dous anos despois, os amantes do rock extremo reencóntranse en Viveiro para gozar dun Resurrection Fest ben diferente. A pandemia obrigou a suspendelo o pasado verán, pero desta volta os organizadores apostaron por volver cun formato reducido e seguro. Máximo, 2.500 persoas por día.
Sentados ou de pé, o público demostra a súa fidelidade. Para iso non dubidan en viaxar desde todos os recunchos de España.
O Resu, que se prolongará ata o sábado, chega no punto álxido do verán e axuda a que os negocios de Viveiro estean estes días a tope. Un festival senlleiro que demostra a súa fortaleza e que, de feito, xa ten vendidas todas as entradas para a edición do vindeiro ano, que terá espectadores procedentes de 56 países.